O portal de transparencia de Cedeira ten entre os seus obxectivos a plena accesibilidade dos seus contidos a persoas con discapacidade ou de idade avanzada, de conformidade co disposto para os sitios web das Administracións Públicas pola Lei de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico. Para ese efecto, as nosas directrices de accesibilidade son as seguintes:

– Cumprimento das normas WCAG (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C (World Wide Web Consortium), no seu nivel A e AA.

– Verificación do cumprimento das directrices citadas a través do Test de Accesibilidade Web (TAW).

Estas directrices son de aplicación en todas as novas páxinas e servizos do portal de transparencia de Cedeira.

Naturalmente, somos conscientes de que a accesibilidade deste portal pode mellorarse, e traballamos para iso. Convidámoslle a axudarnos neste esforzo cos seus comentarios ou suxestións.

Tamaño do texto

O deseño accesible deste sitio web permite que o usuario poida elixir o tamaño do texto que lle  conveña. Esta acción pode levarse a cabo de diferentes maneiras segundo o navegador que se utilice, ou pode utilizar directamente os controis A+ e a- proporcionados nas páxinas detalle.

Navegador Acción a realizar
Explorer  Ver > Tamaño do texto
Firefox Ver > Tamaño
Chrome Icono chave inglesa > Opcións > Avanzada > Contido web > Tamaño fonte
Safari Visualización > ampliar/reducir
Opera Ver > escala

 

Outra forma de modificar o tamaño de texto é utilizar os atallos de teclado definidos nos navegadores, en particular, a combinación de teclas CTRL e + para aumentar o tamaño do texto, e CTRL e – para reducilo, é común para a maioría dos navegadores.