Segundo a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, no seu artigo 70.1 “As sesións do Pleno das corporacións locais son públicas. Con todo, poderán ser secretos o debate e votación daqueles asuntos que poidan afectar ao dereito fundamental dos cidadáns a que se refire o artigo 18.1 da Constitución, cando así se acorde por maioría absoluta. Non son públicas as sesións da Xunta de Goberno Local”.

A Sentenza do Tribunal Constitucional do 26 setembro 2013, declara constitucional o parágrafo segundo do número 1 do artigo 70, sempre que se interprete no sentido de que non se refire ás decisións relativas ás atribucións delegadas polo Pleno, por tanto, neste Portal de Transparencia publicaranse os acordos adoptados pola Xunta de Goberno e non a súa acta íntegra.

PLENOS

XUNTAS DE GOBERNO