MEMBROS

Segundo a Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, o Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e a Resolución de Alcaldía nº 335/2019, de data 26.06.2019, a Xunta de Goberno Local queda constituida polo seguintes membros:

Alcalde- Presidente: D. Pablo Diego Moreda Gil
D. Manuel Pérez Riola
Dª. Carmela Prieto Cal
Dª. Magdalena Pérez Villar
D. Jesús Romero Carracelas

CELEBRACIÓN DE SESIÓNS

A Xunta de Goberno celebra sesión ordinaria os martes cada quince días, ás 13.45 horas. A data da primeira sesión ordinaria da vixente lexislatura 2019-2013 é o luns 1 de xullo de 2019 ás 13.45 horas.

FUNCIÓNS

A) A asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das súas atribucións.

B) As atribucións que a Alcaldía de forma expresa delega, e que a continuación se expresan:

  • Autorización, disposición e ordenación de gastos e a aprobación das facturas e certificacións de obra a partir de 12.000 euros mais IVE, dentro dos límites que competen ao Alcalde.
  • Concesión de licenzas urbanísticas.
  • Concesión de licenzas de actividade e de apertura.
  • Aprobación de padróns fiscais e liquidacións de impostos, taxas e prezos públicos.
  • A concertación de operacións de tesourería cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento non supere o 15 por cento dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior.
  • As adxudicacións de concesións sobre bens e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento nin o importe de tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio, cando o seu valor non supere o porcentaxe nin a contía indicados.
  • A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación e concesión e estean previstos no Orzamento.
  • A solicitude de subvencións para obras, actividades ou servizos municipais, que competencialmente non estean atribuídas ao Pleno da corporación.
  • A aprobación da convocatoria, a concesión e xustificación de subvencións outorgadas polo concello, e a aprobación de convenios de colaboración.
  • A concesión, transmisión ou modificación de licenzas de auto turismo.
  • A concesión de aprazamentos e fraccionamentos de ingresos públicos.
  • A resolución de recursos que se interpoñan contra os acordos en materias delegadas que se teñen detalladas nos apartados anteriores.

C) As atribucións que lle atribúan as leis.