Pode consultarse a plantilla técnica completa do Concello de Cedeira para 2018, tanto de persoal funcionario como de persoal laboral nas seguintes ligazóns:
En sesión celebrada o día 6 de agosto de 2019, o Pleno adoptou o acordo de aprobación inicial do orzamento de 2019. Publicouse o anuncio de exposición pública no BOP n.º 152 do 13 de agosto de 2019, dando un prazo de quince días hábiles para presentar alegacións contra o mesmo.
Ante a ausencia de alegacións ou reclamacións ao acordo de aprobación inicial, considérase o orzamento definitivamente aprobado, e pode consultarse o anuncio da súa aprobación definitiva nas seguintes ligazóns :
VER PDF Anuncio da aprobación definitiva do orzamento e do cadro de persoal 2019
DESCARGA Anuncio da aprobación definitiva do orzamento e do cadro de persoal 2019
Nas seguintes ligazóns pode consultar o texto (tratado en aplicación da LOPD) do cadro de persoal 2019 aprobado:
Nestes intres, o Concello de Cedeira ten vixentes no ámbito laboral o “Acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ao servizo do Concello de Cedeira”, e o “Convenio colectivo do persoal laboral ao servizo do Concello de Cedeira”, aprobados polo Pleno do Concello en sesión extraordinaria o día 27 de abril de 2000, e cuxa resolución por parte da Delegación Provincial da Coruña foi publicada no DOG nº 224 do luns 20 de novembro de 2000.
VER PDF Convenio colectivo do persoal laboral ao servizo do Concello de Cedeira
DESCARGA WORD Convenio colectivo do persoal laboral ao servizo do Concello de Cedeira
VER PDF Resolución incompatibilidades persoal municipal
DESCARGA WORD Resolución incompatibilidades persoal municipal
Con data 21 de decembro de 2018, publicouse no DOG nº 243 a resolución do 13 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2019.
No caso do Concello de Cedeira, as datas dos festivos locais son:
- 13 de xuño de 2019, festa de San Antonio
- 26 de xullo de 2019, festa de Santa Ana