¿Como podo participar nun Pleno?

O Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, no título VII, Capítulo II, artigo 228 expón que:

1. Asociacións ou entidades: Cando algunha das asociacións ou entidades municipais desexe efectuar unha exposición ante o Pleno en relación con algún punto da orde do día en cuxa previa tramitación administrativa interviñese como interesado, deberá solicitalo ao Alcalde antes de comezar a sesión. Coa autorización deste e a través dun único representante, poderá expoñer o seu parecer durante o tempo que sinale o Alcalde, con anterioridade á lectura, debate e votación da proposta incluída na orde do día.

2. Público asistente: Terminada a sesión do Pleno, o Alcalde pode establecer unha quenda de rogos e preguntas polo público asistente sobre temas concretos de interese municipal. Corresponde ao Alcalde ordenar e pechar esta quenda.

Este punto ven regulado polo Real Decreto 2568/1986 artigo 227 e seguintes.

Para consultar concretamente o procedemento que permite participar nas sesión plenarias, ben vía presentación de propostas ou ben vía participación, pode consultar a seguinte ligazón, que o redireccionará ao apartado de participación da web municipal:

IR Á LIGAZÓN  Como participar nun Pleno

¿Como podo facer unha consulta de información?

Ao abeiro da Lei de Transparencia, calquera cidadá ten dereito de acceso á información á información pública, cos límites contidos na propia Lei (artigos 14-16). Non é obrigatorio motivar a solicitude

Se vostede desexa facer unha consulta, deberá dirixir a súa solicitude ao Alcalde-Presidente do Concello de Cedeira, incluindo a seguinte información:

a) A identidade do solicitante

b) A información que se solicita

c)Unha dirección de contacto, preferentemente electrónica, a efectos de comunicación

d) No seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada

Non é obrigatorio motivar a solicitude. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. Con todo, a ausencia de motivación non será por se soa causa de rexeitamento da solicitude.

Na actualidade, as solicitudes deben realizarse no rexistro xeral do Concello (sito no Concello) ou vía rexistro dixital (IR Á LIGAZÓN Rexistro electrónico), utilizando a instancia tipo.

LIGAZÓNS