Segundo o artigo 8 da Lei de Transparencia, os suxeitos incluídos no ámbito de aplicación dese título deberán facer pública, como mínimo, a información relativa aos actos de xestión administrativa con repercusión económica ou orzamentaria que se indican entre eles, as subvencións e axudas públicas concedidas con indicación do seu importe, obxectivo ou finalidade e beneficiarios.

Publicaranse neste punto as subvencións aprobadas por Xunta de Galicia e Deputación da Coruña en favor do Concello de Cedeira, así como as orzamentadas polo Concello en favor de distintos beneficiarios.